martes, 7 de julio de 2009

Difuntas cacas

Estas caquiñas foron aplastadas polos escombros despois de que derrubaran unha nave industrial de Compostela....agora servirán de abono para que crezan algunhas desas moles de ferros e hormigón coas que os humanos nos adicamos a "envelecer" o noso entorno....




...fartas de que a xente as evitase decidiron ser elas as q evitasen á xente e escaparon a esta nave industrial que noutros tempos estivo chea de actividade, e que finalmente foi abandoada e esquecida polos "todopoderosos" humanos, da mesma forma que abandonan e esquecen todos esos obxetos que nalgun momento semellaron imprescindibles para eles, e rematan por ser simples escombros e desperdicios dos que ninguen quere facerse cargo nin lembrarse sequera do utiles que poideron chegar a ser....



...mais esto no podia durar moito e, decididos a non perder nin un centimetro do que consideran AS SUAS POSESIONS, os humanos voltaron a aquel sitio esquecido para volver facelo seu, tirando abaixo todo aquelo que xa non lles interesaba, levando por diante o que comezara a medrar na sua ausenciae, en definitiva, arrasando eso que eles chaman escombros e que otros ven como un enorme monton de posibilidades...


... e asi, unha vez mais, estragaron ecosistemas, derrubaron intentos de rehabilitación e esgotaron as posibilidades de facer algo decente coas indecencias q ali se atopaban...

No hay comentarios:

Publicar un comentario